Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Quen somos

Compartir:

Quen somos

Creando Encaixe é unha nova forma de ver o deseño de encaixe de Camariñas.

Creando Encaixe dedicase principalmente ao deseño de encaixe de Camariñas poñendo a disposición do público todo tipo de picados e patróns, dende os máis clásicos (viriles, entredoses, apliques, panos de man, abanicos, mantillas...) ata os máis modernos e de novo deseño (moedeiros, sombreiros, broches, colgantes...), todos eles realizados a man por unha artesá con máis de vinte e cinco anos de experiencia como palilleira, picadora, profesora de encaixe e deseñadora.

Na nosa tenda tamén pode realizar encargos de picados a medida, adaptación ou recuperación de picados antigos, así como picadosde deseño exclusivo. Non dubide en consultar e pedir información, Creando Encaixe encargarase de facer realidade os seus deseños.

En Creando Encaixe tamén podes atopar, en pequenas cantidades, complementos en encaixe como aneles, broches, colgantes, pendentes. Mediante encargo tamén se fan traballos en encaixe a medida e con deseño exclusivo.

Vídeo de presentación


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader